miércoles, 31 de marzo de 2010

ENTREVISTA A JOSE FERVENZA COSTAS




ROLDA DE PRENSA SOBRE A SANIDADE EN MOAÑA
"Millán ten privatizada a Sanidade en Moaña"
O Partido Popular de Moaña celebrou unha rolda de prensa para informar sobre a situación da Sanidade en Moaña.
O Portavoz do PP de Moaña afirma que Millan ten a Sanidade PRIVATIZADA en Moaña.
"A sanidade en Moaña leva oito anos en mans de Millán, e Millán leva oito anos engañando aos veciños" afirma o Portavoz do PP de Moaña.
Sobre o Novo Centro de Saúde: destacar que os veciños levan demandando dende o ano 2006, e Millán parou as manifestacións dos veciños afirmando que estaria en breve posto que non era necesario ten aprobado o PXOM para esta infraestructura. MENTIRA de Millán, si era necesario ter aprobado o PXOM, o cal leva nove anos de retraso, nove anos perdidos.
Sobre Fisioterapia e Odontoloxía: o PP valora a posibilidade de ubicar estas especialidades médicas no centro de saúde actual, mentres non se constrúa o novo centro de saúde.
Posto que teriamos ventaxes como:
1. Ter todas o referente a sanidade nun mesmo edificio.
2. O concello aforraría 31.200 cada ano que ten que pagar polo aluger do local da calle Don Donato no Rosal, e estando o concello en situación de quiebra sùpón un gran aforro.
3. Hai que ter en conta tamén a gran falta de aparcamento que existe no Rosal.
CRONOLOXÍA DE FISIOTERAPIA E ODONTOLOXIA
Levamos cos tramites para implantar estas especialidades dende o ano 2007, donde Millán tras unha entrevista coa Xunta do Bipartito afirmaba que estarían funcionando a finais do ano 2007 MENTIRA.

En Maio do ano 2008 tivo lugar unha nova xuntanza do Alcalde de Moaña co Servico Galego de Saúde, donde falan que os moañeses e moañesas terán fisioterapia e odontoloxía nus meses ……… MENTIRA.

En Maio do 2008 o Alcalde pon fecha para comenzar a ter os servicios de estas duas especialidades, para finales do ano 2008 e pon como lugar o local da Calle Don Donato, rematou o ano 2008 e non temos as especialidades ……… ENGAÑOU A OS VECIÑOS.

En Octubre do 2008 os técnicos da Consellería de Sanidade visitaron o local da Calle Don Donato.

En Decembro do 2008 o Sergas dille ao Concello de Moaña que xa pode acondionar o local da Calle Don Donato……….. APARECE O PROBLEMA REAL, O CONCELLO DE MOAÑA NON TEN CARTOS PARA O ACONDIONANMENTO.

En Decembro do 2008 Millán di que os técnicos do concello comenzan a traballar no proxecto.

En Abril do 2009 ainda estando a xunta no cambio de posesión, o ex director provincial do Sergas, remitiu ao Concello o protocolo para a posta en marcha ………. O PRIMER COMPROMISO POR ESCRITO EN TODOS ESTES ANOS.

Este protocolo marcaba ao concello o prazo de DOUS MESES para acondionar o local e o alcalde promete que o centro estaría funcionando en Septembro do 2009 …….. MENTIRA SOBRE MENTIRA.

En Octubre do ano 2009 o PP asegura que nos presupostos da xunta existe partida económica para estas especialidades.

Este é o primer paso real nos últimos catro anos, este é o paso de unha declaración de boas intención por parte da xunta do Bipartito a ser unha realidade con presuposto gracias a nova xunta do PP.

En Octubre do 2009 por suposto rematado o prazo que tiña o concello de dous meses para acondionar o local INCUMPRINDO UNHA VEZ MAIS OS SEUS COMPROMISOS.

O Alcalde informa que vai sacar a concurso o local para implantar as especialidades. Medida para ALARGAR E TAPAR A FALTA DE LIQUIDEZ NO CONCELLO.

En Novembro do 2009 levase ao pleno o procedemento para iniciar proceso de aluger do Local de Fisioterapia e Odontoloxía.
E agora o BNG preguntase ¿a que ven tanto retraso? ............... A resposta é sinxela posto que cir que nos tempos do bipartito da xunta non houbo mais que unha declaración de boas intención pero nin un so euro e coa entrada do PP na xunta comenzaronse os trámites e existe presuposto para facer realidade as boas intencions.


Consultorio de Meira: os veciños de Meira sufriron numerosas ausencias de médicos sen ser avisados con antelacion nin ser sustituido o médico.
En novembro do ano 2008, Victor Pastoriza anunciaba que Meira tería un novo consultorio pero os veciños seguen na mesma situación que hai anos.
O Alcalde tamén no ano 2008 afirmaba: "Os veciños de Meira terán apoio do Concello" pero o apoio do Concello foi que tras a proposta dos veciños de un novo local, que o concello en marzo do 2009 falaba de que estaría listo en dias, pero estamos en Marzo do 2010 un ano despois e os veciños seguen igual.
Consultorio de Domaio: os veciños queixanse das deficiencias do centro de saúde, xa no ano 2007 os veciños recolleron firmas para perdu a mellora da asistencia médica e das instalacions.
As AAVV de Domaio demandan actuacións urxentes e Pastoriza di que estas obras corresponde acometelas ao Sergas.
O Sergas mandou un expediente de solicitude ao concello solicitando que o Concella ceda as instalacións ao SERGAS e polo tanto todos as reparacións e custes da infraestructura correrían a cargo do Sergas.
O PP interesouse por este expediente e solicitouno no concello pero este expediente numero 27/2009 non aparece no concello está baixo a garda e custodia do señor Alcalde ¿Por qué?

ROLDA DE PRENSA SOBRE A VÍA RÁPIDA

FERVENZA CRITICA QUE A OPOSICION NON APOIE NO PARLAMENTO ACELERAR O DESDOBLAMENTO DA VÍA RÁPIDA

O Portavoz do PP de Moaña e deputado autonómico, expresou a sua satisfacción por que no Parlamento galego se aprobase unha Proposta de Resolucion do grupo popular para que a Xunta acelere os trámites para desdobrar a vía rápida e convertila en autovía.

Neste sentido criticou que o Deputados tanto do BNG como do PSOE votasen en contra da proposta demostrando así que no Morrazo o BNG e PSOE din unha cousa e en Santiago outra.
Na proposta presentada polo PP instabase a emplear o mais rápidamente posible os mecanismos previstos na Lei de Contratos do Sector Público que permitan a licitación e execución das obras no menor prazo posible.
Fervenza afirma que o desdoblamento é a mellor medida para parar a sangría de accidentes que se están a producir neste vial, pola existencia de tan so dous carrís, con un so tramo donde se permite adiantar e coa inexistencia de unha mediana que separe os dous carrís son base de moitos dos siniestros ocurridos.
Finalmente os concellais do PP argumentan que a xunta do bipartito estivo muda e quieta durante catro anos en relacion a esta necesidade e foi o goberno do PP o que iniciou os trámites para os traballos do Corredor do Morrazo.







Publicado en Prensa

ULTIMOS TITULARES DE PRENSA

1. - Portos de Galicia se compromete a ejecutar un paseo peatonal en el puerto de Domaio.

2.- Fervenza pide a Millán que aclare por que no pagó a la Audiencia en el Contencioso de Costas.

3.- 30 Familias moañesas reclaman saneamentos, Fervenza interesado por estas familias.

4.- El PP dice que al BNG no le interesa el servicio de ría. Millan no asistió a la reunión donde se trataba el transporte metropolitano.

5.- Fervenza da por hecho odontología en la Casa del Mar.

6.- Fervenza dice que la Xunta dará igual cantidad de dinero a Moaña que en 2009. Arturo salía en prensa decindo que a Xunta rebaixaba a cantidade pero o certo e que o Alfonso Rueda enviara unha carta a Millán garantizando a mesma cantidade pero Millán non lla fixo chegar a o PSOE pola suas constantes divisións.

7.- Fervenza lleva a pleno ofrecer odontología en la Casa del Mar.

8.- Infraestructuras ampliará el cruce entre la PO-313 y el barrio de A Marrúa.

9.- El PP propondrá un ajuste de precios de la piscina moañesa.

10.- El PP critica que el concello despilfarre mas de 500.000 euros en intereses.

11.- El PP apoya que las PEMES no tributen por el IVA de las facturas no cobradas.

12.- El PP critica que Pastoriza non faga nada por manter a festa da chuleta


















martes, 9 de marzo de 2010

O Concello debe 6.000.000 euros a proveedores





ISTO É O QUE APORTA O BIPARTITO PARA "MELLORAR A CRISIS"




PAGAN AOS PROVEEDORES A 180 DIAS.

Falar a estas altura de lexislatura de que temos no concello un bipartito dividido non é ningunha sorpresa posto que non o dí o Partido Popular senon que son eles mesmos quen fan publicas as suas diferencias.



Pero o problema non é a sua división en si senon que as suas diferencias provocan molestias e fan que pagen por isto os veciños de Moaña e os proveedores.



O Bipartito ten en débedas aos proveedores mais de 6 millons de euros e paga a 180 dias, (6 meses), sen darse conta que estes proveedores teñen que pagar cada mes os soldos aos traballadores, cada mes a seguridade social dos traballadores, cada tres meses os impostos a Facenda, e o non ter liquidez por falta de cobros moitos teñen que cerrar enviando os traballadores ao paro que sa sobrepasan en moaña os 2.200 desempregados.

ESA É A APORTACIÓN QUE FAI O BIPARTITO POR MOAÑA


o Bipartito non gastou nin INVERTIU un so euro en axudar a empresas a Moaña.

Esté é un Bipartito de escándalo, despreocupado polos veciños, sen intereses polos seus traballos nin polos seus problemas, un goberno que non atende a unha asociación de empresarios que leva demandando tan so ser escoitados e nunca foron atendidos.

Dende o PP si foron atendidos, e o pasado venres a Directora Xeral de Formación e Colocación Doña Ana Maria Diaz, visitou Moaña e estivo cos empresarios para escoitar os seus problemas.

Os empresarios fixeronme chegar unha relación de propostas para que llas faga chegar a xunta en relación con:
· Melloras nas modalidades dos contratos de traballo.
· Medidas complementarias para maiores de 55 anos.
· Subvencións por contratacions.
· Bonificacions nas coutas da seguridade social.
· Axudas fiscais
· Simplificar os trámites administrativos para optar a axudas.
· Melloras nas baixas por enfermidade de autónomos.
· Que se elimine o pago do recibo de autónomo se está de baixa.
· Que non se embargen as vivendas dos autonomos.

O PP ademais de trasladar estas porpostas a xunta para que sexan estudiadas ten intención de presentar unha moción no Pleno municipal para que o goberno municipal inste ao estado a establecer a deducción do IVA e dos impostos que as empresas teñen que pagar por facturas que non cobraron.

Temos un bipartito dividido, que non o di o Partido Popular senon que o din os papeles, o Alcalde pode aprobar por resolucións de Alcaldía os temas que el vexa oportuno, pero está tomando a vía de aprobar por resolucións de alcaldía todos aqueles asuntos donde non existen consenso no bipartito.

A actuación normal sería que os asuntos se aprobasen en xuntas de goberno pero como non se poñen de acordo aproba por resolución de alcaldía tendo no ano 2009 744 resolucions de alcaldía e no que levamos de ano 123 resolucions, coa mayoría de elas con reparos do interventor.

Tamén podemos comprobar as malas xestions do goberno, como sempre dixo o Partido Popular na elaboración dos presupostos, xa que foron necesarias 28 modificacions de crédito por valor de case 6,5 millons de euros.

lunes, 1 de marzo de 2010

Prensa Mes de Febreiro








Prensa Publicada Febrero







Prensa Mes de Febreiro do
2010

O Partido Popular Coa Sanidade en Moaña


O PARTIDO POPULAR DE MOAÑA COA SANIDADE

José Fervenza, mantivo unha reunión coa Conselleira PILAR FARJAS e conseguiu o compromiso da Conselleira de estudiar a posibilidade de ubicar o futuro Centro de Alta Resolución de O Morrazo en terreos de Moaña.


O líder do PP moañés asegura que este centro supoñería "un importante avance e un gran beneficio para vos cidadáns do Morrazo". E é que os Centros de Alta Resolución supoñen un novo modelo de asistencia que permite aos pacientes resolver, nun mesmo día, as consultas e probas médicas necesarias, para chegar a un diagnóstico e empezar a recibir o tratamento correspondente.

A parcela proposta polo propio diputado do PP sitúase no lugar de Broullón, ao lado da saída do Corredor do Morrazo. Trátase dun terreo con máis de 115.000 metros cadrados, "unha superficie abondo para este tipo de instalacións, e mesmo para futuras ampliacións ou infraestruturas sanitarias complementarias", explica Fervenza.

Fervenza, xustifica a elección desta parcela de terreo, en Broullón, por encontrarse preto do Corredor do Morrazo, equidistante das zonas urbanas de Moaña e Cangas, tanto en tempo coma en distancia (1,5 km. e 2 minutos).

Licencias Urbanísticas en Moaña

O FRACASO DE URBANISMO PROVOCADO POR VALENTIN PIÑEIRO


No pasado ano 2009, as licencias otorgadas polo Concello de Moaña ascende a 115 licencia, o que suposo uns ingresos para o Concello de 62.243,83 euros.

Comparando coas licencias dos anos anteriores e polo tanto o que recaudou o Concello por este concepto vemos un alto declive nestes ingresos.

No ano 2007: o concello ingresou 115.264,32 euros en concepto de licencias.
No ano 2008: o concello ingresou 99.888,92 euros en concepto de licencias.
No ano 2009: o concello ingresou 62.243,83 euros en concepto de licencias.

Cada ano foi descendendo de xeito moi considerable e preocupante e ainda que o Partido Popular reconoce a crise que outros negaban que existe na poboación en xeral e que o sector da construcción está en declive, culpa ao Concejal de Urbanismo, Valentin Piñeiro de este descenso por non facer ningún tipo de xestión para axudar a combatila.

Son moitas as queixas dos veciños de Moaña das cales informan ao partido popular que Valentin os está presionando e obligando en moitos casos a facer retranqueos sin ainda ter rematadas as obras, e que en moitos casos está asustando aos veciños con impoñerlle multas cohercitivas se non cumplen o que el lles di, indiscriminadamente e sen valorar a situación nin personal, nin económica de ningún veciño, simplemente vendo o seu ben e garantizando o cobro da súa exclusiva cada mes.

Dende que Valentín colleu o cargo de Urbanismo do concello de moaña no ano 2007 descendeuron os ingresos das licencias no primer ano nun 86% e no segundo ano nun 54%.

Fervenza reprocha que en numerosas ocasións a asociación de empresarios quiso reunirse co Concello para tratar os seus problemas e buscar alternativas e esta reunión nunca tivo lugar, non foi nunca atendida a súa petición nin polo concellal de urbanismo nin polo mesmo Alcalde, e recordalle que nesta asociación no hai so albañileses senon diversos empresarios de varios sectore incluso técnicos que están preocupados pola situación.

Fervenza asegura que de ter mais contacto coas empresas de Moaña moitas non tería que pechar as suas portas como o están a facer o por parte do concello obtería mais licencias e polo tanto mais ingresos.

E seguindo coas xestions de Valentin podemos calificalas de nulas, de INOPERANCIA ABSOLUTA posto que ademais de dedicarse a recaudar impoñendo multas e amenazas non fai a sua labor e temos moitos exemplos de obras paradas por mala inoperancia absoluta


Exemplos como:

* Rosalia de Castro en Domaio.

* Auditorio.

* Gardería Municipal.

* Vivendas Sociais.

* Ampliacion do IES A Paralaia.

* Subestación.

* Centro de dia.

* Estrada Barxas - Berducedo.



E as obras que se fan, o que xeneran é conflictos e desagrados entre os veciños, como a eliminación das plazas de aparcamento no Real ou a construcción de un Muro na calle Daniel Castelao donde os veciños todavía esperan hoxe a reposición de un portal que quitaron.

As xestión que se fan sobre o Pazo do Real despois de que resultase queimado, ou a nula xestión na decisión de dotar a planta alta da Praza de Abastos

Por ultimo, e non por iso menos importante, hai que destacar a Inoperancia Absoluta e Total de Valentin no rural, as obras que se fan no rural son gracias ao PAC (Programa de Acción Comunitaria) que oferta cada ano deputación e que destina mais de 1.000.000 de euros a diferentes colectivos da provincia, e ainda así dende este departamento coa axuda do departamento de servicios xerentado por Victor Pastoriza non se poñen de acordo a hora de ver quen ten que dar os permisos para estas obras pagando as consecuencias os veciños que teñen as obras sen realizar por non ter o permiso e por medo a que dende o concello se lle veñan a parar as obras.

Fervenza pide que se poñan de acordo e deixen de incordiar, e recorda que existen obras que podian estar feitas e financiadas pola deputación e o alcalde negoulle o permiso a asociacións de veciños prometendo que as faría o concello e nunca se chegaron a facer.

Fervenza reprocha que dende Urbanismo non se fai nada para axudar aos 2.200 parados que existen en Moaña, que si se dera emprego as empresas de moaña non estaria tanta xente no paro e se xeraría mais emprego e polo tanto mais licencias.