jueves, 15 de julio de 2010

LIQUIDACION PRESUPOSTOS MUNICIPAIS 2009

MILLÁN XA NON TEN SOLVENCIA



Un ano mais, a liquidación dos presupostos do concello de Moaña poñen de manifiesto que o BNG e PSOE teñen arruinado o concello de Moaña e que esta situación empeora ano tras ano sen que dende o BNG e PSOE poñen remedio a esta grave situación.


A súa falta de xestións e o despilfarro colocan a moaña nunha situación de moi grave económica e financiaera.


O PP analizou un informe da liquidación dos presupostos do ano 2009, que son 79 páxinas demoledoras, donde se analizan os motivos polos que ano tras ano dende que está no goberno o BNG e PSOE se estan a producir esta situación, alguns dos motivos claros son:




  • Incumprimentos dos prazos na tramitación dos orzamentos.


  • Deficiencias na elaboración dos orzamentos preveendo ingresos imposibles de recaudar.


  • Da non planificación do gasto.


  • O moi elevado retraso nos pagos a os proveedores.


  • No importe de xuros de demora que se pagan a Seguridade Social.


  • Elevado número e cuantía de gastos que se reconocen polo método de recoñecemento extraxudicial de crédito


  • Liquidacións de presupostos con signo negativo ano tras ano.


  • Non se teñen en conta as advertencias que fai o departamento de intervención nos informes.


  • Continuo empeoramento do remanente de tesourería.


  • Incumprimento reiterado da prelación legal dos pagos.


  • Falta de solvencia do Concello.

o Partido Popular comparte plenamente os datos que recolle o informe do departamento de intervención cando di que é necesario aplicar de forma inmediata as medidas que conduzcan a adopción de medidas de supresión e reducción de gastos municipais eliminando aqueles que non sexan obligatorios e levar a cabo unha política de austeridade, como exemplo claro sería a reducción das cinco exclusivas que paga o concello.


No ano 2009 o BNG e PSOE endebedaron mais ao concello en 535.723,73 €uros.


Tamén se demostra a falta de coherencia dos presupostos cando durante o ano 2009 tiveron lugar 28 expedientes de modificación de crédito que suman un importe de 6.417.114,32 € e tamén se demostra a falta de rigor do alcalde quen levanta todos e cada un dos reparos que emite o departamento de intervención cando se está incumplindo a lei.


Destaca do informe que son necesarios 3.549.584,90€ para pago de soldos e salarios que sumado con 1.533.524,64 € necesarios para o pago da seguridade social e mais os 470.749,78€ de impagos de cuotas de exercicios pechados de débeda coa seguridade social, temos unha suma de 5.553.859,32 € o que supón aproximadamente o 50% do presuposto, que son necesarios sen ningún tipo de inversións para os veciños de Moaña.


A cifra de obrigas pendientes de pago ao final de cada exercicio tamén segue empeorando e temos esta evolución:





  • Ano 2006: ao final do ano había pendiente de pago 959.770,57 €


  • Ano 2007: ao final do ano había pendiente de pago 1.888.832,67 €


  • Ano 2008: ao final do ano había pendiente de pago 2.422.537,74 €


  • Ano 2009: ao final do ano hai pendiente de pago 3.547.575,29 €

O Partido Popular coincide co departamento de intervención cando informa que o volumen de obrigas pendientes de pago non pode ser aceptado e que se deben adoptar medidas inmediatas e que hai que ter en conta a hora de contemplar os ingresos a grave situación de crise que se está a vivir e que fai necesaria unhas medidas serias correctoras debendo os xestores do concello reducir custes e levar a cabo o plan de saneamento senon nun futuro non se poderán prestar servicios públicos de calidade.


Esta situación ben dada entre outras cousas por:




  • Deficiente elaboración dos presupostos


  • Falta de actualización de ordenanzas fiscais.


  • Pouco rigor na esixencia de liquidación e recadacción de dereitos municipaia.


  • A non adopción de medidas correctoras do remanente de tesourería negativo.

O PP afirma que nos pagos que realizou o concello no ano 2009 incumpriuse reiteradamente a lei que indica que as ordes de pago deberán axustarse ao plan de fondos da tesourería, o cal NON existe no concello de Moaña.


O PP afirma que os presupostos elaborados polos BNG e PSOE son presupostos desorbitados e sen ningun tipo de coherencia, para demostrar esta incoherencia temos estes exemplos claros:


PARTIDA PRESUPUESTARIA ............... CANTIDADE DO PRESUPOSTO ... CANTIDADE REAL

Imposto sobre construcción ................... 600.000 ............... 167.781,56

Licencia conexión auga ......................... 70.000 .............. 6.420,00

Licencia conexión alcantarillado ............ 145.000 ............... 24.930,00

Licencias Urbanísticas ........................... 125.000 ............... 66.503,24

Licencias aperturas establecementos..... 100.000 ............... 17.317,41

Entradas de vehículos (Vados)................... 70.000 ............... 6.220,82

Tasas por utilización privada ...................... 45.000 ............... 744,00

Vallas, anuncios publicitarios .......................... 15.000 ............... 378,75

Ludoteca .......................................................... 40.000 ............... 5.802,46

O PP destaca a falta de consenso nestes exemplos, postos que a maioría destes ingresos deriva da construcción e non poden ser aceptados as previsións de ingresos posto que xa no momento da elaboración dos mesmos a crise do sector da construcción xa era palpable.

Como resumen podemos decir, que o concello ten:

  • Obrigas pendentes de pago por importe de: 7.884.990,77 €
  • Un remanente de Tesoureria negativo de: 8.258.417,97 €
  • Débedas con entidades bancarias largo prazo: 3.706.120,28 €
  • Débedas con entidades bancarias curto prazo: 1.641.195,06 €
  • Débedas pendentes con outras administracións: 179.317,10 €

O QUE SUMA UN TOTAL DE 21.670.041,18 €

Un ano mais, o PP agradece o esforzo do departamento de intervención quen emite informes de liquidacións claros e sen ningún tipo de tapujos e pide ao BNG e PSOE que non ano que lles queda de lexislatura comencen a levar a cabo o plan de saneamento así como a cumprir todas as recomendacións do departamento de intervención, que se den conta que de seguir así facendo caso omiso a este departamento chegará un día que non se poida dar servicios de calidade a os veciños.