viernes, 28 de enero de 2011

ALFONSO RUEDA ASITIRÁ HOXE A ASAMBLEA ABERTA DO PP DE MOAÑA AS 20.30 HORAS


José Fervenza, portavoz do Partido Popular de Moaña, convidou ao Secretario Xeral do Partido Popular de Galicia a asistir a vindeira reunión aberta que terá lugar o vindeiro venres día 28 as 20.00 horas.

Partido Popular de Moaña presentará nesta asamblea o boletín informativo numero 9 que en breve saldrá para informar a os veciños donde tratan temas de interese como a Lei de Augas ou o POL.

Fervenza, nesta reunión trasmitirá ao Secretario Xeral todas as carencias e necesidades que ten Moaña de cara a elabora o programa electoral ENTRE TODOS.


Por outra banda, os populares de Moaña afirman que teñen a intención de que noutras reunións tamén asistan alguns conselleiros para acercar a Xunta a os veciños de Moaña , e que sexan os veciños de primeira man, quen comuniquen a Xunta os seus problemas e inquietudes.

O Partido Popular de Moaña anima a todos os veciños de Moaña a asistir e así poder aproveitar a oportunidade que lles brinda o Partido Popular de Moaña de trasladar ao Secretario Xeral do Partido calquer cuestión que consideren oportuna.

miércoles, 26 de enero de 2011

O PARTIDO POPULAR CREOU O SEU COMITÉ ELECTORAL



O Partido Popular de Moaña pon en marcha o seu Comité Electoral para traballar no programa electoral para as vindeiras eleccións do 22 de Maio.

O Comité electoral mantivo hoxe a primeira reunión do Comité Electoral que se trata de unha serie de persoas que representarán a cada unha das cinco parroquias de Moaña.

Este comité ten como obxetivo elaborar “ENTRE TODOS” o programa electoral que levará o Partido Popular e nesta primeira reunión celebrada o Comité chegou a os seguintes ACORDOS:

Primeiro: Sacar o eslogan para a campaña electoral: “ENTRE TODOS”.

Segundo: Elaborar un calendario de reunións para manter con todas e cada unhas das parroquias. Unha reunión directa cos veciños para que sexan eles mesmos os que aporten as suas ideas e as suas demandas, e así serán os propios veciños os que elaboren o programa electoral, por que este comité pensa que ENTRE TODOS saldrá un mellor programa.

Terceiro: O comité electoral acordou realizar a Lista Electoral para as vindeiras eleccións con consenso entre todos os seus membros, que pretenden que esté basada nunha lista firme para acadar a maioría absoluta.

Cuarto: Acordouse abrir a oficina do Partido Popular (calle concepción arenal numero 10) todos os días para atender as demandas dos veciños.

Quinto: Acordouse que coas aportacións de todos os veciños nas reunións que se levarán a cabo, este comité electoral realizará un programa electoral novedoso pero REALIZABLE e REALISTAS.

Sexto: Acordouse que en breve tempo saldrá o boletín informativo número 9 do Partido Popular.