lunes, 30 de junio de 2008

Un Goberno BNG, PSOE que non é de Moaña

O Goberno de Moaña, presidido polo señor Xose M. Millan Otero, ofreceunos a todos un gran cambio nada mais comezar a lexislatura, un aumento dun 140% nos soldos dos concelleiros, o do cinturón só pos veciños.

1º ANO BIPARTITO 

SUELDOS DENDE XULLO 2007 ATA XUÑO 2008



(fai click sobre a imaxe para ampliar)


martes, 24 de junio de 2008

O PP PIDE AO BIPARTITO AS INSTALACIÓNS DE INFRAESTRUCTURAS DEPORTIVAS QUE PROMETERON







Moaña, 24 de xuño do 2008.- O Partido Popular de Moaña, pide de inmediato unha actuación do Goberno municipal para evitar que Moaña siga tendo unha enorme carencia de infraestructuras deportivas que posibiliten a práctica do deporte e entrenamento de clubes e escolas deportivas, e as que hai necesitan melloras urxentes. É necesaria unha implicación real do Goberno como prometeron en campaña, e ata o momento non fixeron nada.

 
O grupo Popular, quere que dende o concello haxa iniciativas para ofertas atractivas en deporte para os preto de 20.000 habitantes que hai en Moaña.
 
Dende o Partido Popular apostamos porque se faga unha estructura administrativa, ben sexa unha “oficiña municipal para a atención ao deporte”, unha f”undación municipal” ou un “departamento especial para o deporte”, que promova e informe das diversas actividades deportivas do municipio, tanto a nivel privado como  a nivel municipal. Isto tería unha doble función, ademais de informar aos interesados podería xestionar de forma real as necesidades das instalacións, cales serían os eventos deportivos máis axeitados que se farían no municipio, como maratóns deportivos, competicións, olimpiadas, campeonatos, etc... Todo sempre en favor do fomento do deporte, para promover e facilitar o máis posible as prácticas deportivas. Ademais e evidente a necesidade inmediata de levar a cabo unha modernización das instalacións deportivas xa existentes.
 

Polo que, o Partido Popular insta ao Concello de Moaña a que en primeiro lugar fagan as melloras necesarias nos pabellóns, imprescindible tamén que melloren as instalacións deportivas dos colexios facendo un estudio de necesidades. E o antes posible crear un plan de traballo municipal no que estemos todos os grupos políticos para aportar un bo proxecto ao municipio.

jueves, 19 de junio de 2008

MELLOR ACCESIBILIDADE PARA PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA




Moaña, 19 de xuño de 2008.- O Partido Popular de Moaña, manifesta que o Goberno Municipal de Moaña está facendo as cousas mal, día a día demostran a incompetencia para determinados asuntos.

Como norma xeral, as prazas reservadas ubícanse ao lado dos pasos de peóns para facilitar o acceso das persoas discapacitadas, e son máis grandes que o resto de prazas de aparcamento. Pero segue dándose casos de que os usuarios destas prazas tópanse cos contenedores do lixo, algo que debe deixar de ocurrir, porque dificulta moito a mobilidade destas persoas. E necesario facer un examen de conciencia, e o goberno debe darse conta do problema, que para eles pode ser insignificante pero para estas persoas é unha verdadeira odisea. Debemos pensar que as prazas son máis grandes para que poidan quitar unha cadeira de rodas, abrila e poder saír para sentarse nela, si hai contenedores que ocupan parte da praza, a praza convirtese nunha convencional, e o espacio queda reducido para facer esta maniobra, o que se convirte nunha odisea para a persoa discapacitada poder saír do seu vehículo.
A Ley (Decreto 35/2000 do 29 de Febreiro do 2000.DOGA) di claramente que os aparcamentos para minusválidos teñen que ser de 5x2,5 metros e as prazas que hai en Moaña, algunhas están ocupadas e algunhas non teñen esas medidas.
Por outra banda dicir, que hai prazas que carecen de sinalización vertical, hai carencia de rampas no municipio, e as aceras quedaron moi altas nalgúns tramos, perxudicando a mobilidade destas persoas.
Queremos lembrar, que tamén fixeron prazas de minusválidos en zonas incomprensibles, como é no centro de Moaña, á altura da Cafetería Orensana, onde o conductor ten que sacar a súa cadeira ó medio da rúa, poñendo en perígo a súa integridade física.
O Partido Popular volve a insistir en que o Goberno muncipal se sensibilice con este tema, e que faga o necesario por facilitar a accesibilidade no Concello.

Por último, queremos solicitar do Concello que facilite os trámites tanto para a consecución da tarxeta de aparcamento como na reserva de espacio para o estacionamento de vehículos de persoas con mobilidade reducida.

Entre todos tamén debemos pedir a colaboración e a solidaridade dos cidadáns, porque as distancias non son iguais para todos nin os obtáculos dunha rúa ou a rápidez para subir e baixar dun coche.

viernes, 13 de junio de 2008

FERVENZA AFIRMA QUE TAMÉN HAI LISTA DE ESPERA NA LEI DE DEPENDENCIA

Moaña, 13 de xuño de 2008.- Fervenza, o Deputado do Partido Popular, visita a persoas dependentes. “Hai máis dun ano que solicitei as axudas pertinentes e aínda sigo sen resposta. Demasiados escollos no camiño. Nun primeiro momento recibín a Lei de Dependencia con optimismo, pero agora comenzo a perder a confianza”. Son as palabras dunha veciña que segue esperando boas novas para mellorar a calidade de vida dun familiar directo.

As causas dunha “Lei de dependencia na Lista de Espera” hai que buscalas, segundo a Consellería de Benestar, por falta de cartos, é o que lle están dicindo a moitas familias que seguen esperando unha axuda que nunca chega. O que non se pode facer é prometer solucións cunha Lei que non se aplica ou que tarda anos en xestionarse e dar resultados.

Porque mentres Vicepresidencia fai anuncios, as persoas dependentes e as súas familias son as que sofren as consecuencias da falta de seriedade e de rigurosidade. “Non podo deixar de traballar, cada vez temos máis gastos, explica a veciña. Si se aproba unha Lei da Dependencia para cumprir cos dereitos das persoas dependentes e as súas familias, ¿porque despois se poñen moitas trabas e excusas por parte da Xunta para a súa aprobación final?”.

Todos os grupos políticos miramos con bos ollos este proxecto no seu momento. Por este motivo, pedimos que non enganen os cidadáns con promesas falsas, que faciliten as cousas e que haxa a máxima cooperación e interés da Xunta e dos Concellos para solucionar os problemas dos veciños á hora da xestión e non se vexan desamparados, os Concellos deben esixir do goberno Autonómico o cumprimento da Lei a fin de axilizar e materializar a tramitación das axudas.

Polo momento, subliñamos a parálise do bipartito autonómico do BNG-PSOE en materia de dependencia. O único obxetivo da Consellería de Vicepresidencia, dirixida por Anxo Quintana ten só unha única finalidade: buscar titulares con gran desplegue mediático... que despois non cumpre. Desgraciadamente as persoas dependentes seguen esperando, mentres Quintana gasta millóns de euros en publicidade.