jueves, 14 de febrero de 2013

AGRADECEMENTO



O Presidente do Partido Popular de Moaña quere agradecer e felicitar o gran traballo que están facendo os Concelleiros en especial, a labor cultural que se está facendo en Moaña, na organización de todolos eventos culturais, teatrais, recuperación da Cabalgata de Reis, recuperación do Festival Intercéltico, impulsar o Carnaval en Moaña, as nosas festas patronais que atrae a veciños de toda a Comarca o noso fermoso pobo, con todo tipo de actividades que xenera unha gran afluencia de público dende os máis pequenos ata os máis grandes, beneficiando a Moaña.

miércoles, 13 de febrero de 2013

REUNIÓN XUNTA ABERTA

A XUNTA ABERTA DO PARTIDO POPULAR DE MOAÑA, SEMPRE SE CELEBRA O ÚLTIMO VENRES DE CADA MES, CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DA GALA DO DEPORTE AS 20 HORAS NO IES AS BARXAS (Moaña), O DÍA 22 DE FEBREIRO DE 2013.
TRASLADAMOS A XUNTA ABERTA DO PP PARA O VINDEIRO VENRES 1 DE MARZO DE 2013 AS 20 HORAS NA SEDE.

viernes, 8 de febrero de 2013

PARQUE INFANTIL ALAMEDA

Coa actuación do noso Goberno Municipal, procedeuse a colocación do césped artificial no Parque Infantil da Alameda de Moaña e a creación da Aula da Natureza.
Esta obra era unha demanda das familias usuarias deste parque debido a que este chan solía encharcarse coas choivas e resultaba moi incomodo para o desfrute dos nenos.
O parque infantil da alameda é un dos máis frecuentados de Moaña, xa que ten a atracción dun dos xogos máis emblemáticos do municipio como é o barco pirata, conta tamén con tirolinas, columpios....Ten unha superficie de máis de 2000 metros cadrados.




Conseguimos grazas a nosa xestión que a demanda dos nosos veciños levarase a cabo implantando o cesped artificial como podemos observar nas seguintes fotografías.

jueves, 7 de febrero de 2013

PASEO DE DOMAIO

Como podedes observar, grazas a xestión do noso goberno municipal, estamos rematando unha obra pedida polos nosos veciños de Domaio, o Paseo de Domaio, que está en proceso de rematar xa a Segunda Fase desta obra, como podemos observar nas imaxes e nos video exposto.
Os veciños de Domaio levaban 30 anos esperando por esta obra, xa que para eles, era unha obra de gran importancia. As obras estanse levando a cabo dende o Clube de Xubilados ata conectar coa primeira fase do paseo, prolongarase o carril bici, e se mellorara o mobiliario e o alumeado público.