Moaña, 19 de xuño de 2008.- O Partido Popular de Moaña, manifesta que o Goberno Municipal de Moaña está facendo as cousas mal, día a día demostran a incompetencia para determinados asuntos.
Como norma xeral, as prazas reservadas ubícanse ao lado dos pasos de peóns para facilitar o acceso das persoas discapacitadas, e son máis grandes que o resto de prazas de aparcamento. Pero segue dándose casos de que os usuarios destas prazas tópanse cos contenedores do lixo, algo que debe deixar de ocurrir, porque dificulta moito a mobilidade destas persoas. E necesario facer un examen de conciencia, e o goberno debe darse conta do problema, que para eles pode ser insignificante pero para estas persoas é unha verdadeira odisea. Debemos pensar que as prazas son máis grandes para que poidan quitar unha cadeira de rodas, abrila e poder saír para sentarse nela, si hai contenedores que ocupan parte da praza, a praza convirtese nunha convencional, e o espacio queda reducido para facer esta maniobra, o que se convirte nunha odisea para a persoa discapacitada poder saír do seu vehículo.
A Ley (Decreto 35/2000 do 29 de Febreiro do 2000.DOGA) di claramente que os aparcamentos para minusválidos teñen que ser de 5x2,5 metros e as prazas que hai en Moaña, algunhas están ocupadas e algunhas non teñen esas medidas.
Por outra banda dicir, que hai prazas que carecen de sinalización vertical, hai carencia de rampas no municipio, e as aceras quedaron moi altas nalgúns tramos, perxudicando a mobilidade destas persoas.
Queremos lembrar, que tamén fixeron prazas de minusválidos en zonas incomprensibles, como é no centro de Moaña, á altura da Cafetería Orensana, onde o conductor ten que sacar a súa cadeira ó medio da rúa, poñendo en perígo a súa integridade física.
O Partido Popular volve a insistir en que o Goberno muncipal se sensibilice con este tema, e que faga o necesario por facilitar a accesibilidade no Concello.
Por último, queremos solicitar do Concello que facilite os trámites tanto para a consecución da tarxeta de aparcamento como na reserva de espacio para o estacionamento de vehículos de persoas con mobilidade reducida.
Entre todos tamén debemos pedir a colaboración e a solidaridade dos cidadáns, porque as distancias non son iguais para todos nin os obtáculos dunha rúa ou a rápidez para subir e baixar dun coche.