viernes, 13 de junio de 2008

FERVENZA AFIRMA QUE TAMÉN HAI LISTA DE ESPERA NA LEI DE DEPENDENCIA

Moaña, 13 de xuño de 2008.- Fervenza, o Deputado do Partido Popular, visita a persoas dependentes. “Hai máis dun ano que solicitei as axudas pertinentes e aínda sigo sen resposta. Demasiados escollos no camiño. Nun primeiro momento recibín a Lei de Dependencia con optimismo, pero agora comenzo a perder a confianza”. Son as palabras dunha veciña que segue esperando boas novas para mellorar a calidade de vida dun familiar directo.

As causas dunha “Lei de dependencia na Lista de Espera” hai que buscalas, segundo a Consellería de Benestar, por falta de cartos, é o que lle están dicindo a moitas familias que seguen esperando unha axuda que nunca chega. O que non se pode facer é prometer solucións cunha Lei que non se aplica ou que tarda anos en xestionarse e dar resultados.

Porque mentres Vicepresidencia fai anuncios, as persoas dependentes e as súas familias son as que sofren as consecuencias da falta de seriedade e de rigurosidade. “Non podo deixar de traballar, cada vez temos máis gastos, explica a veciña. Si se aproba unha Lei da Dependencia para cumprir cos dereitos das persoas dependentes e as súas familias, ¿porque despois se poñen moitas trabas e excusas por parte da Xunta para a súa aprobación final?”.

Todos os grupos políticos miramos con bos ollos este proxecto no seu momento. Por este motivo, pedimos que non enganen os cidadáns con promesas falsas, que faciliten as cousas e que haxa a máxima cooperación e interés da Xunta e dos Concellos para solucionar os problemas dos veciños á hora da xestión e non se vexan desamparados, os Concellos deben esixir do goberno Autonómico o cumprimento da Lei a fin de axilizar e materializar a tramitación das axudas.

Polo momento, subliñamos a parálise do bipartito autonómico do BNG-PSOE en materia de dependencia. O único obxetivo da Consellería de Vicepresidencia, dirixida por Anxo Quintana ten só unha única finalidade: buscar titulares con gran desplegue mediático... que despois non cumpre. Desgraciadamente as persoas dependentes seguen esperando, mentres Quintana gasta millóns de euros en publicidade.