viernes, 28 de enero de 2011

ALFONSO RUEDA ASITIRÁ HOXE A ASAMBLEA ABERTA DO PP DE MOAÑA AS 20.30 HORAS


José Fervenza, portavoz do Partido Popular de Moaña, convidou ao Secretario Xeral do Partido Popular de Galicia a asistir a vindeira reunión aberta que terá lugar o vindeiro venres día 28 as 20.00 horas.

Partido Popular de Moaña presentará nesta asamblea o boletín informativo numero 9 que en breve saldrá para informar a os veciños donde tratan temas de interese como a Lei de Augas ou o POL.

Fervenza, nesta reunión trasmitirá ao Secretario Xeral todas as carencias e necesidades que ten Moaña de cara a elabora o programa electoral ENTRE TODOS.


Por outra banda, os populares de Moaña afirman que teñen a intención de que noutras reunións tamén asistan alguns conselleiros para acercar a Xunta a os veciños de Moaña , e que sexan os veciños de primeira man, quen comuniquen a Xunta os seus problemas e inquietudes.

O Partido Popular de Moaña anima a todos os veciños de Moaña a asistir e así poder aproveitar a oportunidade que lles brinda o Partido Popular de Moaña de trasladar ao Secretario Xeral do Partido calquer cuestión que consideren oportuna.