martes, 9 de marzo de 2010

O Concello debe 6.000.000 euros a proveedores





ISTO É O QUE APORTA O BIPARTITO PARA "MELLORAR A CRISIS"




PAGAN AOS PROVEEDORES A 180 DIAS.

Falar a estas altura de lexislatura de que temos no concello un bipartito dividido non é ningunha sorpresa posto que non o dí o Partido Popular senon que son eles mesmos quen fan publicas as suas diferencias.



Pero o problema non é a sua división en si senon que as suas diferencias provocan molestias e fan que pagen por isto os veciños de Moaña e os proveedores.



O Bipartito ten en débedas aos proveedores mais de 6 millons de euros e paga a 180 dias, (6 meses), sen darse conta que estes proveedores teñen que pagar cada mes os soldos aos traballadores, cada mes a seguridade social dos traballadores, cada tres meses os impostos a Facenda, e o non ter liquidez por falta de cobros moitos teñen que cerrar enviando os traballadores ao paro que sa sobrepasan en moaña os 2.200 desempregados.

ESA É A APORTACIÓN QUE FAI O BIPARTITO POR MOAÑA


o Bipartito non gastou nin INVERTIU un so euro en axudar a empresas a Moaña.

Esté é un Bipartito de escándalo, despreocupado polos veciños, sen intereses polos seus traballos nin polos seus problemas, un goberno que non atende a unha asociación de empresarios que leva demandando tan so ser escoitados e nunca foron atendidos.

Dende o PP si foron atendidos, e o pasado venres a Directora Xeral de Formación e Colocación Doña Ana Maria Diaz, visitou Moaña e estivo cos empresarios para escoitar os seus problemas.

Os empresarios fixeronme chegar unha relación de propostas para que llas faga chegar a xunta en relación con:
· Melloras nas modalidades dos contratos de traballo.
· Medidas complementarias para maiores de 55 anos.
· Subvencións por contratacions.
· Bonificacions nas coutas da seguridade social.
· Axudas fiscais
· Simplificar os trámites administrativos para optar a axudas.
· Melloras nas baixas por enfermidade de autónomos.
· Que se elimine o pago do recibo de autónomo se está de baixa.
· Que non se embargen as vivendas dos autonomos.

O PP ademais de trasladar estas porpostas a xunta para que sexan estudiadas ten intención de presentar unha moción no Pleno municipal para que o goberno municipal inste ao estado a establecer a deducción do IVA e dos impostos que as empresas teñen que pagar por facturas que non cobraron.

Temos un bipartito dividido, que non o di o Partido Popular senon que o din os papeles, o Alcalde pode aprobar por resolucións de Alcaldía os temas que el vexa oportuno, pero está tomando a vía de aprobar por resolucións de alcaldía todos aqueles asuntos donde non existen consenso no bipartito.

A actuación normal sería que os asuntos se aprobasen en xuntas de goberno pero como non se poñen de acordo aproba por resolución de alcaldía tendo no ano 2009 744 resolucions de alcaldía e no que levamos de ano 123 resolucions, coa mayoría de elas con reparos do interventor.

Tamén podemos comprobar as malas xestions do goberno, como sempre dixo o Partido Popular na elaboración dos presupostos, xa que foron necesarias 28 modificacions de crédito por valor de case 6,5 millons de euros.