miércoles, 31 de marzo de 2010

ROLDA DE PRENSA SOBRE A SANIDADE EN MOAÑA
"Millán ten privatizada a Sanidade en Moaña"
O Partido Popular de Moaña celebrou unha rolda de prensa para informar sobre a situación da Sanidade en Moaña.
O Portavoz do PP de Moaña afirma que Millan ten a Sanidade PRIVATIZADA en Moaña.
"A sanidade en Moaña leva oito anos en mans de Millán, e Millán leva oito anos engañando aos veciños" afirma o Portavoz do PP de Moaña.
Sobre o Novo Centro de Saúde: destacar que os veciños levan demandando dende o ano 2006, e Millán parou as manifestacións dos veciños afirmando que estaria en breve posto que non era necesario ten aprobado o PXOM para esta infraestructura. MENTIRA de Millán, si era necesario ter aprobado o PXOM, o cal leva nove anos de retraso, nove anos perdidos.
Sobre Fisioterapia e Odontoloxía: o PP valora a posibilidade de ubicar estas especialidades médicas no centro de saúde actual, mentres non se constrúa o novo centro de saúde.
Posto que teriamos ventaxes como:
1. Ter todas o referente a sanidade nun mesmo edificio.
2. O concello aforraría 31.200 cada ano que ten que pagar polo aluger do local da calle Don Donato no Rosal, e estando o concello en situación de quiebra sùpón un gran aforro.
3. Hai que ter en conta tamén a gran falta de aparcamento que existe no Rosal.
CRONOLOXÍA DE FISIOTERAPIA E ODONTOLOXIA
Levamos cos tramites para implantar estas especialidades dende o ano 2007, donde Millán tras unha entrevista coa Xunta do Bipartito afirmaba que estarían funcionando a finais do ano 2007 MENTIRA.

En Maio do ano 2008 tivo lugar unha nova xuntanza do Alcalde de Moaña co Servico Galego de Saúde, donde falan que os moañeses e moañesas terán fisioterapia e odontoloxía nus meses ……… MENTIRA.

En Maio do 2008 o Alcalde pon fecha para comenzar a ter os servicios de estas duas especialidades, para finales do ano 2008 e pon como lugar o local da Calle Don Donato, rematou o ano 2008 e non temos as especialidades ……… ENGAÑOU A OS VECIÑOS.

En Octubre do 2008 os técnicos da Consellería de Sanidade visitaron o local da Calle Don Donato.

En Decembro do 2008 o Sergas dille ao Concello de Moaña que xa pode acondionar o local da Calle Don Donato……….. APARECE O PROBLEMA REAL, O CONCELLO DE MOAÑA NON TEN CARTOS PARA O ACONDIONANMENTO.

En Decembro do 2008 Millán di que os técnicos do concello comenzan a traballar no proxecto.

En Abril do 2009 ainda estando a xunta no cambio de posesión, o ex director provincial do Sergas, remitiu ao Concello o protocolo para a posta en marcha ………. O PRIMER COMPROMISO POR ESCRITO EN TODOS ESTES ANOS.

Este protocolo marcaba ao concello o prazo de DOUS MESES para acondionar o local e o alcalde promete que o centro estaría funcionando en Septembro do 2009 …….. MENTIRA SOBRE MENTIRA.

En Octubre do ano 2009 o PP asegura que nos presupostos da xunta existe partida económica para estas especialidades.

Este é o primer paso real nos últimos catro anos, este é o paso de unha declaración de boas intención por parte da xunta do Bipartito a ser unha realidade con presuposto gracias a nova xunta do PP.

En Octubre do 2009 por suposto rematado o prazo que tiña o concello de dous meses para acondionar o local INCUMPRINDO UNHA VEZ MAIS OS SEUS COMPROMISOS.

O Alcalde informa que vai sacar a concurso o local para implantar as especialidades. Medida para ALARGAR E TAPAR A FALTA DE LIQUIDEZ NO CONCELLO.

En Novembro do 2009 levase ao pleno o procedemento para iniciar proceso de aluger do Local de Fisioterapia e Odontoloxía.
E agora o BNG preguntase ¿a que ven tanto retraso? ............... A resposta é sinxela posto que cir que nos tempos do bipartito da xunta non houbo mais que unha declaración de boas intención pero nin un so euro e coa entrada do PP na xunta comenzaronse os trámites e existe presuposto para facer realidade as boas intencions.


Consultorio de Meira: os veciños de Meira sufriron numerosas ausencias de médicos sen ser avisados con antelacion nin ser sustituido o médico.
En novembro do ano 2008, Victor Pastoriza anunciaba que Meira tería un novo consultorio pero os veciños seguen na mesma situación que hai anos.
O Alcalde tamén no ano 2008 afirmaba: "Os veciños de Meira terán apoio do Concello" pero o apoio do Concello foi que tras a proposta dos veciños de un novo local, que o concello en marzo do 2009 falaba de que estaría listo en dias, pero estamos en Marzo do 2010 un ano despois e os veciños seguen igual.
Consultorio de Domaio: os veciños queixanse das deficiencias do centro de saúde, xa no ano 2007 os veciños recolleron firmas para perdu a mellora da asistencia médica e das instalacions.
As AAVV de Domaio demandan actuacións urxentes e Pastoriza di que estas obras corresponde acometelas ao Sergas.
O Sergas mandou un expediente de solicitude ao concello solicitando que o Concella ceda as instalacións ao SERGAS e polo tanto todos as reparacións e custes da infraestructura correrían a cargo do Sergas.
O PP interesouse por este expediente e solicitouno no concello pero este expediente numero 27/2009 non aparece no concello está baixo a garda e custodia do señor Alcalde ¿Por qué?