lunes, 1 de marzo de 2010

O Partido Popular Coa Sanidade en Moaña


O PARTIDO POPULAR DE MOAÑA COA SANIDADE

José Fervenza, mantivo unha reunión coa Conselleira PILAR FARJAS e conseguiu o compromiso da Conselleira de estudiar a posibilidade de ubicar o futuro Centro de Alta Resolución de O Morrazo en terreos de Moaña.


O líder do PP moañés asegura que este centro supoñería "un importante avance e un gran beneficio para vos cidadáns do Morrazo". E é que os Centros de Alta Resolución supoñen un novo modelo de asistencia que permite aos pacientes resolver, nun mesmo día, as consultas e probas médicas necesarias, para chegar a un diagnóstico e empezar a recibir o tratamento correspondente.

A parcela proposta polo propio diputado do PP sitúase no lugar de Broullón, ao lado da saída do Corredor do Morrazo. Trátase dun terreo con máis de 115.000 metros cadrados, "unha superficie abondo para este tipo de instalacións, e mesmo para futuras ampliacións ou infraestruturas sanitarias complementarias", explica Fervenza.

Fervenza, xustifica a elección desta parcela de terreo, en Broullón, por encontrarse preto do Corredor do Morrazo, equidistante das zonas urbanas de Moaña e Cangas, tanto en tempo coma en distancia (1,5 km. e 2 minutos).