miércoles, 31 de marzo de 2010

ROLDA DE PRENSA SOBRE A VÍA RÁPIDA

FERVENZA CRITICA QUE A OPOSICION NON APOIE NO PARLAMENTO ACELERAR O DESDOBLAMENTO DA VÍA RÁPIDA

O Portavoz do PP de Moaña e deputado autonómico, expresou a sua satisfacción por que no Parlamento galego se aprobase unha Proposta de Resolucion do grupo popular para que a Xunta acelere os trámites para desdobrar a vía rápida e convertila en autovía.

Neste sentido criticou que o Deputados tanto do BNG como do PSOE votasen en contra da proposta demostrando así que no Morrazo o BNG e PSOE din unha cousa e en Santiago outra.
Na proposta presentada polo PP instabase a emplear o mais rápidamente posible os mecanismos previstos na Lei de Contratos do Sector Público que permitan a licitación e execución das obras no menor prazo posible.
Fervenza afirma que o desdoblamento é a mellor medida para parar a sangría de accidentes que se están a producir neste vial, pola existencia de tan so dous carrís, con un so tramo donde se permite adiantar e coa inexistencia de unha mediana que separe os dous carrís son base de moitos dos siniestros ocurridos.
Finalmente os concellais do PP argumentan que a xunta do bipartito estivo muda e quieta durante catro anos en relacion a esta necesidade e foi o goberno do PP o que iniciou os trámites para os traballos do Corredor do Morrazo.